lunes, 6 de junio de 2011

Nota de prensa: A INDIGNACIÓN CONTINÚA: O 19 DE XUÑO, VOLVEMOS A SAIR Á RÚA ¡Democracia real Xa!

O próximo Domingo 19 de Xuño a cidadanía está novamente chamada a tomar pacificamente as rúas das súas localidades, sumando a súa voz á das cidadás e cidadáns da Unión Europea.

Baixo o lema “Europa para o pobo e non para os mercados”, Democracia real Xa convoca mobilizacións para o 19 de xuño na maioría das cidades do estado e apoia, secundando coa súa asistencia e colaborando activamente na súa difusión ás organizadas por outros movementos para esas mesmas datas.

Desprovista novamente de signo político ou sindical algún, esta convocatoria está promovida por persoas de toda condición, IDADE e índole que deixando a un lado as súas posibles diferenzas ideolóxicas ou culturais, retoman a súa participación na vida pública, unidas contra o abuso que a clase política consinte.

As nosas motivacións seguen sendo as mesmas que sacaron á rúa a miles de persoas o 15 de Maio en máis de 60 cidades; aínda que esta vez, se cabe, estamos aínda máis indignados, ante a ameaza que supoñen para o noso benestar social os novos recortes de salarios, pensións, I+D, sanidade e educación; a eliminación dos servizos sociais, o maior retraso na idade de xubilación, a ampliación dos impostos e inxustos reaxustes dos salarios á produtividade e á competitividade previstos na aplicación do Pacto do Euro, que consideramos o maior atentado socioeconómico e internacional contra os dereitos sociais.

E preciso esixir aos nosos Gobernantes a NON firma do Pacto do Euro o próximo 27 de xuño, pois implicará maiores sacrificios para todos e todas a causa das medidas de austeridade que se queren impoñer e polo tanto rexeitámolo. Esiximos a reorientación das políticas públicas cara a protección do interese xeral. Esiximos que a dación en pago sexa recoñecida. Esiximos un verdadeiro reparto da riqueza e o traballo, como única saída ao desemprego. Esiximos unha vida digna para todas as persoas, onde os dereitos sexan para todas e desaparezan os privilexios da clase política, o fraude fiscal e os paraísos fiscais. Esiximos, así mesmo, cambios na Lei Electoral que ofrezan vías para unha auténtica participación das persoas nas decisións públicas.

Demostramos, pois, que o 15 de Maio non foi unha mobilización con fins electorais, senón sociais. E anunciamos que seguiremos tomando as rúas ata que as nosas propostas e manifesto sexan plenamente recoñecidos; ata que deixemos de ser mercadoría en mans de políticos e banqueiros. Ata que obteñamos Democracia real ¡XA!.

Ao igual que na anterior convocatoria, debemos advertir que os organizadores desta manifestación non tolerarán ningún tipo de violencia, actos vandálicos, racistas ou xenófobos. Este é un movemento PACÍFICO.

Na actualidade os únicos canais oficiais desta Plataforma cidadá son:

Democracia real YA

Web: http://democraciarealya.es/

Facebook: http://www.facebook.com/democraciarealya

Twitter: #democraciarealya @democraciareal

Tuenti : democraciareal ya!

Evento Xeral en Facebook 19 de xuño: http://www.facebook.com/event.php?eid=170278529687744

Eventos Locais (Polo momento)

- Santiago de compostela: http://www.facebook.com/event.php?eid=212459312127566

- Ourense: http://www.facebook.com/event.php?eid=220258004659188

- A Coruña: http://www.facebook.com/event.php?eid=219502408079295


(Aínda que xa están confirmadas Ferrol, Pontevedra e Vigo, e iranse engadindo tanto no evento xeral como na páxina web novas cidades segundo vaian confirmando)

6 comentarios:

  1. Hora? Lugar?
    Graciñas!

    ResponderEliminar
  2. Para que acabe de ser REAL, fai falla reivindicar a República e botar aos Borbóns. Fdo: Bilderberg

    ResponderEliminar
  3. Ayer en Sol se rumoreaba que los camaradas de provincias se unen a la Mani del 19, que guay!

    ResponderEliminar
  4. "de provincias". En fin, se compartides esa visión non contedes comigo para manifestación ningunha.

    ResponderEliminar
  5. !ATENCIÓN CIDADÁNS! Non é o que parece... !NON É REAL!, ESTÁNVOS ENGAÑANDO. ISTO CHÁMASE "REVOLUCIÓN NARANJA" E TEN QUE VER CUN NOVO XEITO DE MANIPULAR A POBOACIÓN DENDE A ULTRADEREITA NEOLIBERAL, FUNCIONOU EN UCRANIA E SI NON ESPABILADES TAMÉN O CONSEGUIRÁN EIQUI. HAI MOITO EN XOGO E NON PODEMOS BOTAR POLA BORDA TODO O ACADADO EN DEREITOS E HUMANISMO. REFLEXIONADE E ESTADE ATENTOS, DESPOIS NON VOS QUEIXEDES...SERÁ TARDE DE MÁIS. Fdo.Maqui

    ResponderEliminar
  6. Xa vexo que non hai ninguén ahí que rebata o derradeiro comentario...entón É CERTO!! Estánvos MANIPULANDO.!!VIVA A INOCENCIA E SEGUIRÁ O DESENCANTO!! Maqui

    ResponderEliminar