lunes, 16 de mayo de 2011

¡Éxito en la manifestación!



Más de mil personas, (la Policía Local señaló que éramos 1100), recorríamos ayer las calles de Santiago, reivindicando de forma pacífica nuestros derechos, luchando por una DEMOCRACIA REAL YA!
Es cierto que esto solo es el primer paso, y que poco a poco esperamos ser más en las siguientes manifestaciones.
El mejor de los ambientes, caluroso, relajado y amistoso, en una tarde en la que, quizás, podrían haber venido muchas menos personas (fútbol, calor...).
A pesar de eso, consideramos que ha sido un éxito y que nos estamos haciendo un hueco muy importante a nivel estatal e internacional, a pesar de que los medios de comunicación más importantes prácticamente nos ignoren, ¡estamos aquí! Y seguiremos luchando por lo que es nuestro!!!
Iremos actualizando con las acciones y manifestaciones que sigamos realizando.
¡TOMA LA CALLE! ¡No somos mercancía en manos de políticos y banqueros! Este es nuestro lema, y no debemos olvidarlo.
Las manifestaciones de ayer solo fueron el comienzo de un movimiento grande, MUY GRANDE!
Gracias a todos los que asististeis!!

Máis de mil persoas (a Policía Local sinalou que eramos 1100) percorrimos onte as rúas de Santiago, reivindicando de forma pacífica os nosos dereitos, loitando por unha DEMOCRACIA REAL XA!
É certo que isto só é o primeiro paso, e que pouco a pouco esperamos ser máis nas seguintes manifestacións.
O mellor dos ambientes, relaxado, amistoso... nunha tarde na que, quizáis, poderían ter vido moitas menos persoas (polo fútbol, a calor...).
A pesar diso, consideramos que foi un éxito e que estamos a facernos un oco moi importante a nivel estatal e internacional, a pesar de que os medios de comunicación máis importantes practicamente nos ignoren, ¡aquí estamos! E seguiremos loitando polo que é noso!
Iremos actualizando coas accións e manifestacións que sigamos realizando.
¡TOD@S Á RÚA! ¡Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros! Iste é o noso lema, e non debemos esquecelo.

As manifestacións de onte só foron o comezo dun movemento grande, MOI GRANDE!

Grazas a todos os que asististes!!!






A pesar de todo, houbo actos violentos, dos que nos desvinculamos completamente:

Dende o grupo organizador de Democracia Real Xa en Santiago de Compostela, queremos dar conta e desvincularnos dos altercados producidos durante a manifestación do domingo 15 de maio. Ao entrar na zona vella, entre cinco e sete persoas co rostro tapado romperon o vidro da sede do xornal El Correo Gallego e botaron dentro unha bomba de fume. Tamén causaron danos nos caixeros automáticos dalgunhas entidades bancarias.



Estes actos violentos provocaron que moitas das persoas que estaban participando na manifestación –persoas maiores e tamén xente cos seus fillos e fillas- exercendo o seu dereito a expresarse libremente, marcharan da mesma por medo a que eses actos illados acabasen nunha batalla campal, como xa ten pasado outras veces en tantos lugares. Porén, a reacción xeral das e dos manifestantes foi exemplar, e deixamos claro que a violencia non ten lugar nas nosas reivindicacións e que non a imos tolerar. Agradecemos moito a vosa actitude e apoio nese momento delicado, que foi toda unha lección tanto para nós como, agardamos, para eles.



Dende o principio deste movemento, unha das premisas fundamentais é a non violencia. E isto, que asumimos tamén en Compostela, quedou ben claro tanto nas conversacións nas redes sociais coma nas reunións que tivemos en persoa no último mes e medio. Por iso, lamentamos e rexeitamos totalmente que algúns, sin sequera dar a cara, tiveran ocasión de aproveitar a situación para causar danos materiais. E, non menos importante, alterar o transcurso normal dunha manifestación que ata entón estaba a transcurrir nun moi bo ambiente, e que superou as expectativas da organización.



Tamén aproveitamos a ocasión para agradecer e, porque non, felicitar, a toda a xente que apoiastedes o 15M. Foi un día bonito e a sensación, polo menos entre as persoas da organización (á que vos convidamos a participar) foi dunha victoria e dun principio. Permanecede pendentes de próximas convocatorias, porque seguimos sen ter pan pra tanto chourizo.



TOD@S Á RÚA


No hay comentarios:

Publicar un comentario