domingo, 22 de mayo de 2011

Comunicado de prensa DEMOCRACIA REAL XA! (22/05/11)

Democracia real Xa! decidiu emitir este comunicado de urxencia a pesar de ser día das eleccións municipais debido á importancia dos temas a desmentir.

Apareceron varias webs, perfís de facebook, twitter e tuenti nos que se intenta suplantar a nosa identidade como movemento, propoñendo accións e ideas completamente opostos aos que se recollen no noso manifesto oficial.

Queremos dende aqui aclarar que DRX non é un partido político, nunca tivo pretensións de selo e non entra nos seus proxectos convertirse en ningún. Todas as páxinas nas que se asocie a DRX con un partido político son calumnias, xa que dende o principio DRX definiuse como unha plataforma apartidaria e asindical.

As únicas canles de comunicación válidas son a web oficial democraciarealya.es, o perfil de twitter @democraciareal, o perfil de facebook /democraciarealya e os correos rematados en @democraciarealya.es. Pedimos aos medios que verifiquen calquer información que lles chegue por outros medios que non sexan estes.

Apareceron, non só reivindicacións firmadas no noso nome que nada teñen que ver con DRX, senón incluso persoas que din ser representantes desta plataforma e que anuncian accións con datas concretas. Dende aquí desmentimos esas declaracións. A próxima semana convocaremos unha rolda de prensa na que se informará das próximas movilizacións, ata ese momento todo o que se diga carece de veracidade.

A través deste comunicado DRX quere denunciar a mala pràctica periodística de El Mundo, que o sábado publicou un artigo no que declaraba que Democracia real Xa! "sólo mantendría contacto con los medios de comunicación a través de ruedas de prensa retransmitidas on line". En nome da extensa rede de cidades que integra DRX denunciamos a manipulación deste medio, xa que esa medida é temporal e aplícase só ao grupo de Madri, tal como ya se explicou a este medio. Ainda así o seu artigo fala de DRX en xeral sen facer mención á especificidade local desa medida en canto á relación cos medios de comunicación e por tanto condenando ao silencio mediático a máis de 60 cidades que en ningún momento manifestaron a súa intención de non atender á prensa.

Esperamos que este comunicado sirva para que El Mundo rectifique e para que o resto de medios de comunicación saiban que sempre que a intención sexa dar información veraz sobre o movemento estaremos encantados de atendelos.

DRX quere aclarar tamén que as reivindicaciones das acampadas non teñen porque coincidir cas nosas. Como convocatorias autónomas e independentes que son, cada acampada elaborou o seu propio manifesto e as súas reivindicacións, que en ocasións coinciden coas consensuadas polos membros de DRX e en outras non. As propostas de DRX son as que están publicadas na web oficial. Calquera outra proposta que se faga pública e se desmarque das anteriores non provén de DRX, aínda que se anuncie como se así fora.

Máis alá destas acalaracións, DRX aínda que non as organice nin as convoque, apoia as acampadas e colabora no posible con elas, xa que as recoñece como a expresión da voz do pobo sin intermediarios, e esa era unha das reivindicacións da manifestación do 15 de maio.

Por último, pensamos que é preciso aclarar ante o pobo que o noso movemento nunca pediu a abstención, nin o voto en branco, nin o voto nulo, nin o voto para ningún partido en concreto. DRX promove que a xente se informe e que decida por sí mesma a quén entregar o seu voto segundo a súa ideoloxía, posto que por ser unha plataforma plural, a diversidade de voto é tamén amplia. O noso obxetivo é mellorar o sistema electoral actual, pero ata que ese modelo cambie, pensamos que cada persoa debe participar como mellor lle pareza.



Fonte: escolar.net

3 comentarios:

  1. Hola compañeros, en Lleida también acampamos...os paso el link http://acampadalleida.blogspot.com/
    Gracias!

    ResponderEliminar
  2. Moita aCAMPada, pero os da PPaella, arrasaron.
    Viva a corruPPción e a subnormalidade democrática!

    ResponderEliminar
  3. http://tomaarua.blogspot.com/

    ResponderEliminar