Ante a noticia aparecida nalgúns medios de comunicación onde se informa que os "impulsores do 15 M, constitúen a Asociación Democracia real Ya! " anunciamos a prensa:
- Os activistas de Democracia real Ya! denunciamos o apoderamento do noso nome por parte dunhas persoas que de xeito non consensuado e en clara minoría crearon unha asociación co noso nome.
- Estas persoas non están lexitimadas polos activistas de DRY dun xeito democrático. Consideramos este actuar como autoritario, onde se saltaron a ética e o respecto ao apropiarse dun nome que non lles pertence.
- Denunciamos unha manobra de xente que quere impoñer de forma unilateral a súa visión e desestabilizar as ferramentas de todo un colectivo para os seus propios fins persoais. Este colectivo non é mercadoría nin de políticos nin banqueiros.
- Rexeitamos a legalización dunha asociación co nome de Democracia real Ya! e non recoñecemos a esta como emanada dunha decisión colectiva.
- Os autoproclamados voceiros actualmente están nun proceso interno de expulsión polo secuestro da fanpage en Facebook, polo seu accionar ilexítimo en nome de DRY e por outras causas graves.
¡ Non, non nos representan!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario