miércoles, 8 de febrero de 2012

A Plataforma polo Aforro Público mobiliza á cidadanía galega o 9 de febreiro


Baixo o lema “por unha banca pública” o colectivo concentrarase en múltiples localidades galegas o xoves polo serán fronte ás sedes de NGB, símbolo da bancarización das caixas que denuncian.

O próximo xoves 9 de febreiro o colectivo fai un chamamento cidadán cunha concentración en localidades como Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña ou Ourense entre as 17.00h e as 19.00h do serán. Os diversos grupos protestarán fronte ás sedes de NGB, que simbolizan a “mala xestión das caixas, o proceso de bancarización e nacionalización das caixas, o fin da obra social, as indemnizacións millonarias dos directivos que mal xestionaron as entidades financeiras…”.

A Plataforma está a recoller firmas para pedir á Fiscalía que actúe de oficio contra as caixas por administración desleal, polo que a concentración deste xoves non é máis que un primeiro acto de protesta dentro do seu proxecto que conta entre os seus obxectivos: esta recollida de firmas, facer unha auditoría popular da xestión das Caixas que permita sanear as contas, esixir un sistema financeiro público, nacionalización de Novagalicia Banco e a recuperación das caixas de aforros con obxectivos éticos e sociais, como a divulgación das entidades financieras alternativas cun sentido social, como as cooperativas de crédito ou a banca ética.

Plataforma Polo Aforro Público está integrada polos seguintes movementos cidadáns: Foro de Asembleas Galegas do 15MATTAC Xustiza Económica GlobalStop DesahuciosCop57Mesa pola converxencia e Democracia Real Xa.

En Compostela, concentrámonos diante da sede principal, na Praza de Galicia a partires das 17:00h.

Outras convocatorias:

  • Vigo: 17.00h, no cruce dos catro bancos, enfronte da porta principal de NGB (Rúa Colón).
  • Pontevedra: 19.00h na praza de San Xosé fronte ao antigo centro social de Caixanova.
  • Lugo: 18.30h Praza Maior perante o edificio da “Fundación Caixagalicia”.
  • Ourense: Fronte a sede central de NGB (Rúa Juan XXIII, 31) de 17.00h a 19.00h.


Máis información sobre a Plataforma:
Evento no FB

No hay comentarios:

Publicar un comentario