martes, 18 de octubre de 2011

(GALEGO)

(mas abajo en castellano)


Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros, non queremos que o noso futuro estea sometido aos intereses particulares de outras persoas. Queremos ter voz na construción do noso futuro, a nosa voz. Democracia Real Xa non aparece como un modo de goberno alternativo, un novo partido político ou unha asociación ao uso; Democracia Real Xa é un medio horizontal de control democrático cidadán.... Aínda que eventualmente produza propostas concretas, o obxectivo principal é coordinar redes ( http://www.facebook.com/democraciarealya ) que permitan compartir información e xeren capacidade de resposta ante as políticas desenvolvidas desde as cámaras de representación.Como podo participar en DRX? En Democracia Real Xa ninguén exerce como representante doutras persoas, e ninguén delega a súa capacidade de decisión. Aínda que non haxa membros nin líderes en Democracia Real Xa, traballar pola democracia real dentro desta ferramenta de participación cidadá é moi sinxelo: só hai que dirixirse a o grupo de DRX Compostela ( http://www.facebook.com/groups/199756026712685/ ) e tomar partido. A indignación que mobilizou a miles de persoas tanto o 15M como hoxe ten a súa orixe no compromiso político dos seus participantes, non na desidia.O desexo de participar da nova cidadanía deixou de caber nunha urna cada catro anos. Os límites estruturais de partidos políticos, sindicatos e asociacións xerarquizadas resultaron ser incapaces de canalizar o descontento que provocaron as respostas institucionais á crise. As redes sociais e as asembleas poden articularse para que podamos exercer o noso lexítimo dereito a controlar as institucións democráticas. Non deixemos pasar a oportunidade! Democracia real XA!

(CASTELLANO)

No somos mercancía en manos de políticos y banqueros, no queremos que nuestro futuro esté sometido a los intereses particulares de otras personas. Queremos tener voz en la construcción de nuestro futuro, nuestra voz. Democracia Real Ya no aparece como un modo de gobierno alternativo, un nuevo partido político o una asociación al uso; Democracia Real Ya es un medio horizontal de controlo democrático ciudadano... Aunque eventualmente produzca propuestas concretas, el objetivo principal es coordinar redes ( http://www.facebook.com/democraciarealya ) que permitan compartir información y generen capacidad de respuesta ante las políticas desenvueltas desde las cámaras de representación. ¿Como puedo participar en DRY? En Democracia Real Ya, nadie ejerce como representante de otras personas, y nadie delega su capacidad de decisión. Aunque no halla miembros ni líderes en Democracia Real Ya, trabajar por la democracia real dentro de esta herramienta es muy sencillo: solo hay que dirigirse al grupo de DRY Compostela ( http://www.facebook.com/groups/199756026712685/ ) y tomar partido. La indignación que movilizó a miles de personas tanto el 15M como hoy, tiene su origen en el compromiso político de sus participantes, no en la desidia. El deseo de participar de una ciudadanía dejó de caber en una urna cada cuatro años. Los límites estructurales de partidos políticos, sindicatos y asociaciones jerarquizadas resultaron ser incapaces de canalizar el descontento que provocaron las respuestas institucionales a la crisis. Las redes sociales y las asembleas pueden articularse para que podamos ejercer nuestro lejítimo derecho a controlar las instituciones democráticas. No dejemos pasar la oportunidad! Democracia real XA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario