sábado, 18 de febrero de 2012

Todxs a rúa: o #19F saímos como Bloque Crítico



Os sindicatos CCOO e UGT convocan unha manifestación para o día 19 de febreiro ás 12:00h na Alameda en protesta pola reforma laboral. Pensamos que toda a cidadanía debe participar xa que dita contrarreforma é profundamente lesiva para os traballadores ó permitir o despido libre nas pequenas empresas e a aprobación de ERE’s por previsións de futuras perdas de beneficios, segundo o criterio do patrón, entre outras medidas.

Non podemos permitir que o goberno siga a desmantelar os dereitos dos traballadores. Cremos na unidade de tódalas forzas para loitar contra a reforma laboral, por iso vemos necesario participar desta mobilización e de calquera outra que propoñan as diferentes organización sociais e políticas, como xa vimos facendo.

A nosa participación nesta mobilización farase desde unha perspectiva crítica coas executivas e a burocracia dos sindicatos convocantes. Animamos a súa militancia a rebelarse contra o seu modelo organizativo e que pidan a celebración de asembleas populares onde haxa unha participación inclusiva de tódolos traballadores, organizados ou non, e máis daqueles sectores excluídos tradicionalmente da loita obreira como son os parados.

Non temos nada en contra das bases destes sindicatos senón dun modelo de facer sindicalismo que pensamos que é totalmente errado e que ven facéndolle o xogo ó capital desde hai décadas traizoando e enganando a clase traballadora e á súa militancia. Por iso participaremos na manifestación do 19 de febreiro baixo o lema:

NON ESQUECEMOS, NIN REFORMA LABORAL, NIN PASIVIDADE SINDICAL

Evento da convocatoria en Facebook.

1 comentario:

  1. ONDE SE PARA A DEREITA É NAS URNAS. TARDE PIÁSTES, AGORA TOCA ROER E AMOLARSE...FELICITADE A MAIORÍA ABSOLUTA DOS VOSOS PAIS E AVÓS. CHÉ HUEVADA.

    ResponderEliminar